Temáticas

Compostela é a meta que procuran os peregrinos que, desde todas as partes do mundo, percorren o Camiño de Santiago. Mellor dito, OS CAMIÑOS, xa que son numerosas as rutas que as persoas toman para alcanzar este obxectivo común a todas elas.

Do mesmo xeito, o fomento do emprendemento pode ser abordado desde múltiples perspectivas: espertar o espírito emprendedor, desenvolver competencias e habilidades para emprender, xerar novas oportunidades de emprego e mellorar a empregabilidade, formar en aptitudes e actitudes emprendedoras ou estudar o fenómeno emprendedor nun territorio e mellorar as condicións da contorna para favorecer o desenvolvemento económico.

Todas estas dimensións do emprendemento teñen un denominador común: sempre conseguen mellores resultados se os axentes implicados traballan conxuntamente en equipos multidisciplinares que incorporen, ademais, a diversidade das realidades sociais e culturais dos dintintos territorios

Con este leitmotiv pensamos o lema deste Encontro: “Novos horizontes de colaboración en emprendemento”.

  • Cremos que é necesario explorar as vías actuais e futuras de cooperación entre institucións de educación superior para desenvolver as súas tres misións (formación, investigación e transferencia) no ámbito do emprendemento.

    Pero a temática do Encontro non se limita só a este tema: todas as propostas relacionadas coa investigación e a educación en emprendemento serán benvidas. As aceptadas serán agrupadas de forma global en dúas grandes áreas (coas súas correspondentes subáreas) que constitúen as principais liñas de interese dos dous eventos que se celebran conxuntamente nesta edición:

    I. Investigación en emprendemento

    • I.1 Traballos de investigación baseados en datos GEM.
    • I.2 Traballos de investigación sobre o proceso emprendedor en xeral.

    II. Educación en emprendemento

    • II.1 Traballos de investigación sobre o proceso de ensino e aprendizaxe en emprendemento.
    • II.2  Casos prácticos (experiencias, boas prácticas e novas metodoloxías) para a formación en emprendemento.
Usamos cookies para personalizar su contenido y crear una mejor experiencia para usted. Podemos recopilar información no confidencial sobre su uso. Puede aceptar el uso de esta tecnología o administrar su configuración y así controlar completamente qué información se recopila y gestiona. Para obtener más información sobre nuestras políticas de datos, visite nuestra Política de privacidad.
Más información