Call for papers

Nesta edición só se enviarán resumos amplos dos traballos. Cada proposta poderá ter unha extensión máxima de 1.000 palabras. Admítense en español, inglés e portugués. Cada autor ou autora poderá enviar como máximo dous resumos.

As propostas poderán defenderse de maneira presencial ou en remoto.

  • Título do traballo

    Nome completo, afiliación e email de contacto de autor/es

    Subárea na que se enmarca a proposta

    Indicar I.1, I.2, II.1 ou II.2, segundo se detalla no apartado “Temática”

    Resumo, que seguirá o seguinte esquema orientativo:

    1. Descrición xeral do traballo (antecedentes/xustificación).
    2. Obxectivos.
    3. Metodoloxía empregada.
    4. Principais resultados agardados.
    5. Principal aportación e contribución.
    6. Palabras clave (de 3 a 5).
    7. De modo adicional, pódese incluír un anexo con bibliografía (APA 6ªed.). Neste caso, deberase ter en conta que se computaría dentro do máximo de palabras indicado.

    Maquetación

    > Letra: Texto xeral: Times New Roman 12 puntos. Títulos 14 puntos, en letra negra ou grosa.
    > Parágrafo: Xustificado dereita e esquerda, interlineado 1,5 e espaciado entre parágrafos anterior 6 puntos
    > Páxina: márxes 2,5 cm.

Os resumos enviaranse antes do 10 de xullo

Podes acceder ao envío no botón máis abaixo.

As/ os autores recibirán notificación por correo electrónico

da decisión do comité científico sobre a aceptación ou non da súa proposta de traballo antes do 18 de xullo.

As persoas moderadoras de cada mesa seleccionarán os mejores traballos. Un comité elixirá as dúas mellores propostas de entre todas elas, que serán comunicadas con posterioridade ao Encontro.

Usamos cookies para personalizar su contenido y crear una mejor experiencia para usted. Podemos recopilar información no confidencial sobre su uso. Puede aceptar el uso de esta tecnología o administrar su configuración y así controlar completamente qué información se recopila y gestiona. Para obtener más información sobre nuestras políticas de datos, visite nuestra Política de privacidad.
Más información